Inicio
Boas galegos e galegas de Galiza e tamén a todos os que estades esparexidos por todo o globo. Desde este Blog queremos reivindicar o uso do galego como calquera outra lingua, usalo sen prexuizos e con total normalidade, usalo como a nosa lingua nai.
Moita xente pensa que o galego é unha lingua sen prestixio que non sirve para nada e que só é para “palurdos”, pero desde este Blog queremos mostrarlle ó mundo a verdareira realidade, desde un punto de vista obxetivo e demostrando que o galego é moito máis que unha lingua; o galego é unha forma de ser, unha identidade propia, unha cultura, unha lingua que nos seus tempos foi unha das linguas mais importante e mais empregada. Porque eu non son galego só o 25 de xullo (Día da Patria Galega) nin o 17 de maio (Día das letras galegas), senón que eu son galego os 365 días do ano.
Por outra banda tamén estamos a reivindicar un dominio galego que os galegos estamos a reclamar desde ai mais de 10 anos (xa había campañas ao respecto en 1995). Porque se os cataláns teñen o seu propio dominio (.cat), porque os galegos non podemos ter un dominio .gal ou .gz?
Un pobo coma o noso, distribuido en ducias de países por culpa da emigración, unido por unha lingua de seu e máis ca nunca por medio da Rede, precisa unha ubicación virtual que recoñeza que hai unha Galiza non abranguida por España (.es) nin por ningún outro dominio. Por iso, polas mesmas razóns cós cataláns, e aínda outras máis importantes, tendo en conta de que hai máis galegos fóra de Galiza que dentro dos seus límites administrativos, desde este Blog reclamamos con urxencia un TLD, sendo os .GAL e os .GZ os que máis adhesións e posibilidades obxectivas teñen.
Sen mais, unha forte aperta a todos os galegos e non galegos que se pasen por este Blog. E xa sabedes, todo crítica ou gabanza deste Blog será ben recivida.
GALIZA CEIBE!!!
chúzame -
