Novo Disco de Lamatumba
O grupo ourensán Lamatumba sacou un novo disco, Paraugas Universal, co que según eles "inauguran unha nova etapa Lamatumbeira" e está feito "para uso e disfrute de todas as almas inquedas, e de todos os corpos quen non teñen medo ás maniotas".
Esperemos que este novo disco sexa de tan boa calidade ou mellor cos anteriores, que a un servidor desde que os escoitou por primeira vez quedou encantado con eles. Asegurovos que se vos tamén escoitades este gran grupo que non ides quedar defraudados, porque ademais de ser unha gran banda, son galegos.
Nenos e nenas, mozos e vellos, miñas donas e meus señores, a verbena do século XXI ataca de novo co seu arsenal de ritmos repleto de munición sonora. Agarren parella que soltan á orquesta… TODO O MUNDO A BAILAR QUE O 27 DE XUÑO COMEZAN CO SEU NOVO DISO EN OURENSE!!!
Torreiros de todas partes, Ãdevos preparando que Lamatumbá arranca con máis forza ca nunca.
Para mais informacion sobre o grupo pasadevos por http://www.lamatumba.com/ e se queredes mais informacion da sua actuacion en ourense pasadevos por http://www.faxfestival.es/.
chúzame - 



























