Concurso “Faille un Click ao Galego”

Onte, dia 10 de Xuño de 2008, celebrouse no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela) a entrega de premios do concurso Faille un Click ao Galego. Os 6 concursantes que mais descargas promoveron foron Rubén Vilar Sartages, Óscar Fernández Quintela, Julio Lema, Julio Ares Oitavén, Jesús Pérez e Fátima Solloso.

O concurso consistia en promover o maior numero de descargas das interfaces en galego de software de Microsoft. As interfaces en galego que se poden descargar son compatibles con Windows Vista, Windows XP, Office 2007 e Office 2003.

Os premios aos concursantes foron un ordenador portatil para cada un dos tres primeiros clasificados e un sistema operativo Windows Vista para os tres seguintes, dos cales só se puido presentar un.

Con respecto a entrega de premios foi todo moi ameno e moi levadeiro, todas as persoas que se encontraban ali (tanto concursantes como representantes de microsoft e outras marcas como Dell e a conselleira de Politica Lingüística) foron moi amables.

Despois da entrega de premios fixose unha foto de familia, a cal poñerei tan pronto dispoña dela, e tamen houbo un brinde e uns pinchiños.

Hai que ter en conta e destacar que esta inciativa tivo boa acollida entre os galegos que tan so nun mes fixeron mais de 11600 descargas, estando hoxe (11 de Xuño) o contador cercano as 13600 descargas.

Ainda que o concurso rematase podedes descargar a interface en galego totalmente gratis do software mencionado anteriormente na seguinte paxina: http://www.microsoft.com/spain/gal/failleunclic/descargas.aspx

Chuzame! chúzame -

Dejanos tu Comentario

Nombre: (Requerido)

E-Mail: (Requerido)

Sitio WEB:

Comentario: