
¿Sabíades que a Biblia é o libro máis vendido del mundo? Si, a Biblia, ese libro gordo que todo o mundo ten, pero que casi nadie o chegou a ler.
Ring, ring...
- Hola, que fas?
- Pois nada, aqui, lendo a Biblia.
- Vai cagar oh! Que che pasou, fixecheste dunha secta ou?
E que ningen entende que a Biblia se poda ler por placer. Porén, eu estes dias estouna a ler e estame parecendo un libro moi interesante. Sobre todo porque me esta servindo para saber como era Deus.
Deus era un fenomeno! Pero tamen tiña as suas cousiñas. Eu non é por molestar a niguen, pero moi traballador, moi traballador... non era, porque tendo toda a eternidade por diante, fixo o mundo nunha semana.
E non creades que se cansou eh, el levantouse o primeiro día e dixo: Que se faga a luz, e fixose a luz. Pero que eu seipa, el non puxo nigun enchufe! E o día seguinte: Fáganse os planetas. Eso, que se fagan!
Que digo eu que se podía ter esforzado un pouquiño máis, porque podendo facernos de aceiro líquido como a Terminator, fixonos de barro como ós botixos.
A min o que me gusta da Biblia é que Deus era partidario do nudismo. Do que non era partidario é da fruta, porque non lle importaba que Adán e Eva foran en pelotas, pero cando comeron unha mazá colliu un cabreo... que os votou do paraíso. Pero con razón eh! Non lles dixera que non comeran a mazá?
Deus era bo, pero con un límite. ¡Por eso os castigou! A Adán dixolle: Ti ganaras o pan co suor da tua frente. Aqui teño eu unha duda. Xa había pan? Bimbo ou en baguette? E a Eva dixolle: E ti parirás con dor. Que anda que non lle debiu joder a Deus que inventasen a epidural! E que xa son ganas de levarlle a contraria eh!
A Deus pasalle o mesmo que a todas as boas personas, danlle a man e collenlle o brazo. Este é o caso dos babilonios, que se poñen a construir a torre de Babel para poñerse ó nivel de Deus. Pero que falta de respeto é esa? Xa o di o refrán: Cada un na sua casa, e Deus na de todos, e non ó revés!
Claro, Deus enfadouse: Pola vosa ambición condenovos a que a partir de agora, se queredes entendervos, teredes que deixarvos o soldo en fascículos para aprender idiomas. Eso si, co número un, recibiredes as tapas de regalo. Se é que ata enfadado era bo coño!
Pero sobre todo, Deus tiña un sentido do humor tremendo. Un día falou con Noé e dixolle: Oiches, constrúe unha barca, que vou inundar todo esto. E Noé criuno, e puxose a construir un barco no medio do deserto. E non veas o vacile dos veciños: Pero Noé, ti es tonto? Se aquí non hai praia! Quen te cres que es? Chanquete?
Eu creo que Deus non ía inundar nada, pero cuando viu a Noé tan ilusionado coa sua arca, dixo: Veña va, vou mandar o diluvio por ti, pero só unha vez eh.
Tamén foi moi boa a que lle gastou a Abraham, ó que lle dixo: Sacrifica ó teu fillo. E el contestoulle: Ah, pois vale. É que os homes tomabano todo en serio eh. Menos mal que Deus o parou: Ei, Abraham, solta o machete oh!, que era coña, tío!. Qué bromista era Deus eh! Claro, eso debía ser a famosa gracia de Deus.
Se é que Deus era moi graciosol. Eso si, eu creo que algunha vez que se lle fui a man, porque o que lle fixo a Job... Con Job pasouse. Dixo Deus: Acabome de enterar que hai un tal Job que cre en min por encima de todas as cousas. Vamos comprobalo. Para comezar, a Job caganlle unhas golondrinas nos ollos e deixano cego, despois arruinao, cargase á sua muller, tamén se carga ó seu fillo, descuartizan á sua filla... E tras cada proba, Deus mandaba a dous anxos para preguntarlle: Ei Job, sigues crendo en Deus por encima de todo?. Ó que Job contestaba: Pois claro, anda que non creo! O que non entendo é quen me pon a perna encima para que non levante cabeza!
Eu non quero ofender, pero a veces mais que bromas parecian putadas. A Deus só lle faltou facerlle a Job do Atlético de Madrid! Esa si que seria unha boa broma e non o das cagadas das golondrinas. Pero Deus só quería facer unhas risas, nada mais.
Era un tío simpatico, de verdade, ahi tedes a Biblia que o demostra.
chuzame -